Nos últimos anos tivo auxe outra parte da Cirurxía Estética Masculina que trata exclusivamente o aparello xenital dos pacientes. Entre outras cousas esta especialidade desenvolveu diferentes procedementos para a reconstrución funcional ou estética do membro viril masculino, enténdese alongamento ou engrosamento do devandito membro. Hai que deixar ben claro que existe publicidade enganosa que pode danar a relación médico paciente se a este último non se lle informa adecuadamente o que pode lograrse mediante a chamada faloplastia.
En calquera intervención de Cirurxía Estética Masculina é conveniente que o interesado teña presente que eventualmente pode ser preciso realizar retoques ou pequenas correccións que non se lograron no procedemento inicial. O bo resultado obtido mellorará considerablemente a condición de saúde, a autoestima, o comportamento laboral, persoal e mesmo sexual dos pacientes.
Traducción ó galego de www.cirugiaysalud.net
Se seguides este enlace,atoparedes a web que colgou esta noticia: http://www.cirugiaysalud.net/cirugia-estetica-masculina.html
A preocupación pólo aspecto físico non é so cousa de mulleres, aos homes tamén lles empeza a interesar este tema. Cando os homes deciden pasar polo quirófano fano para cambiar o seu aspecto físico externo e sentirse máis guapos, pero tamén hai homes preocupados polo tamaño do seu membro viril así que non son estrañas operacións de alongamento de pene. A min todo isto non me gusta e paréceme mal, o fundamental e aprender a estar a gusto co corpo que un ten.
ResponderEliminarEstase pondo de moda que os homes arranxen o seu aspecto físico a base de bisturí. Cando deciden acudir a una clínica de estética é para quitarse kilos, pórse mais músculos... e o que a min mais me sorprende é que pasen polo quirófano para alongar o pene. Eu penso que para gustarlle a outra persoa “o tamaño non importa”.
ResponderEliminarOs homes ultimamente queren operarse e pórse guapos, e así ser máis atractivos para as mulleres ou para os homes. Isto non pode ser así porque cada persoa é como é, e debería de estar orgullosa do seu corpo.
ResponderEliminarParéme ben que os homes queiran coidar o seu aspecto se eles así o desexan. O que non me gusta é que o fagan porque se sintan sometidos a presión. Cada un debe estar orgulloso co seu físico e ninguén ten dereito a criticar a outro por iso.
ResponderEliminarParéceme unha tontería que os homes sométanse a ciruxía por presion... básicamente todos podemos pornos en forma e estar ben físicamente facendo exercicio... ademáis de que cada un ten a súa propia constitución e non pode ser igual aos demáis, cada un é como é... e non hai máis... se queres gustarlle a alguén soamente fai falta ser ti mesmo...
ResponderEliminarParéceme mal que os homes queiran cambiar o seu aspecto mediante a ciruxía, cada un é como é e iso non se pode cambiar,e moito menos os rasgos xenéticos.
ResponderEliminarNon me gusta que os homes queran cambiar o seu aspecto coa ciruxía, non se debería cambiar o aspecto porque cada un é como é e nadie é perfecto.
ResponderEliminarÉ verdade que o concepto de beleza cambiou moito e cada vez os homes son maís coidadosos co seu aspecto, ainda que eu creo que tanto homes como mulleres non deberian chegar a extremos de ser adictos a ciruxia. Que homes e mulleres se coiden está ben, pero a imaxe e o atractivo físico non deberia ser unha obsesión.
ResponderEliminar