DATOS PERSOAIS

Chapela, Pontevedra/Galicia
Este é un blog de medio ambiente, consumo e igualdade creado no curso 2010/11 no IES Chapela

jueves, 10 de febrero de 2011

De trapos e siliconas

 De trapos e siliconas

15 comentarios:

  1. Marta F.P. , 3º C11 de marzo de 2011, 3:01

    As mulleres teñen que valorar de forma crítica a imaxe que queren dar.
    Na sociedade en xeral sempre se lles fai máis caso ou "considérase" que son mellores as mulleres e rapazas que son delgadas e guapas.Este é un estereotipo para "triunfar". As mulleres para gañar concursos vístense con roupa atrevida e ensinando un pouco... Esta imaxe da muller non debería cambiar?

    ResponderEliminar
  2. Clara Pereira Millos - 3º DIV11 de marzo de 2011, 3:02

    A imaxe da muller perfecta está a orde do día, na maioría das canles de comunicación, nos programas de televisión, onde as mulleres que saen acostuman a ser atractivas, por iso moitas mulleres séntense mal e non dubidan en operarse. A imaxe do home non está sometida a tanta presión, así que na “beleza” tamén hai desigualdade como en moitos outros campos. A min chámame a atención a desigualdade estética por razóns relixiosas, por exemplo o da relixión musulmana.

    ResponderEliminar
  3. César Martínez Ríos 3º DIVER14 de marzo de 2011, 4:59

    As mulleres non teñen necesidade de ir sempre con vestidos elegantes e someterse continuamente ao gusto dos demáis, non deberían pasalo mal nunha operación para ter un corpo bonito; isto fano moito aquelas que saen na tele e en desfiles de moda ou en concursos de beleza.Hai moitas mulleres que hoxe queren traballar na tele e opéranse para estar guapas.Cada muller ten o corpo que ten, pero moitas pretenden conseguir un bo corpo a base de dietas e iso non é nada bo para a saúde.

    ResponderEliminar
  4. Miriam Álvarez Alonso 3º DIVER21 de marzo de 2011, 5:14

    Hoxe en dá úsase a muller como obxeto de desexo, todas as modelos que saen pola tele, tiveron que pasar antes unhas certas probas de medicas ;peito:90 cadeira:60 cintura:90 .
    Por iso hoxe en día hai tantas mulleres que buscan un corpo perfecto e caen na anorexia.
    As mulleres que se operan é porque non lles gusta o seu corpo e iso non pode ser así, cada persoa ten o seu corpo e debería estar orgullosa del.

    ResponderEliminar
  5. Sara González , 3º Diver11 de abril de 2011, 4:08

    As mulleres de hoxe en día so se preocupan por estar delgadas e pola beleza exterior e non por sentirse ben, deberían preocuparse por sentirse guapos por dentro. Pero tamén está claro que no axudan moito as tendas de roupa, a televisión... , porque parece que todo
    o mundo está buscando a muller ideal e no é asi, cada persoa e como é , non ten que pasar polo bisturi para sentirse guapa.

    ResponderEliminar
  6. Tania Garrido de 3º B13 de abril de 2011, 2:55

    Estou a favor da opinión deste artículo. No mundo as mulleres vense sometidas á presión de ser perfectas. As mulleres teñen a mesma capacidade que os homes para realizar traballos, pero hai profesións onde a súa entrada é máis complicada. Por exemplo, cantas mulleres pilotan un avión? Hai que valorar o talento das mulleres e non o seu físico. As mulleres debemos reclamar o noso lugar na sociedade, cos mesmos dereitos que os homes.

    ResponderEliminar
  7. Ramón C.T 3º ESO B13 de abril de 2011, 3:08

    Este artigo expresa a forma de pensar de Gabriela Cañas sobre a vestimenta feminina e as operacións estéticas. Eu estou dacordo coa parte onde se expón, que se nos vestirán a todos e a todas por igual dende pequenos, non existirían unha obsesion pola beleza, sobre todo a feminina.Ainda que admito que cada un e unha ten o seu estilo e a súa forma de entender a beleza,e non estou en contra de que cada quen pretenda gustarse a si mesmo e aos demais.

    ResponderEliminar
  8. Jose Antonio Ferradans, 3º ESO B13 de abril de 2011, 3:08

    A min paréceme mal que determinados homes presionen ás súas parellas [mulleres] para que aumenten a súa talla de peito, do mesmo xeito que me parece mal que determinadas mulleres lle esixan cambios físicos que só se poden lograr con operacións aos homes. A min chámame a atención a operación ou aumento de pene, baixo a miña opinión, o problema non é a cuestión de tamaño, senón que hai que saber usalo.

    ResponderEliminar
  9. Juan Lampón Santos , 3º ESO B13 de abril de 2011, 3:09

    Hoxe en dia a beleza que se lle esixe a muller convirtese nun castigo para elas, para algúns equiparable o burka: levar tacóns moi altos,roupas axustadas,moita maquillaxe...,iso non é tirania da vestimenta!? Entender isto é dificil porque temos detrás moitos anos de educación esteriotipada. Hoxe en dia son moitas as mulleres que aceptan o "castigo da beleza" como algo bo e mesmo o esaxeran moito.Pero ese problema tamén empeza a afectar aos homes...

    ResponderEliminar
  10. Adrián Bernárdez Cornes 3ºA27 de abril de 2011, 1:29

    A muller invirte demasiado tempo e esforzo en cuidar a súa imaxe para gustarlle aos demais. As veces sometese incluso a operacións estéticas, as xovenes comvertense en anorexicas para vestir unhas tallas menos... Isto ocorre na nosa cultura, noutras obrigan ás mulleres a tapar todo o seu corpo para non provocar aos homes . NIngunha das dúas posturas é boa baixo o meu punto de vista porque nin hai que estar tan pendente do corpo, nin se debe admitir estar tan sometida, o importante é que sexamos libres tanto a homes como a mulleres.

    ResponderEliminar
  11. Noelia Méndez Vázquez 3º ESO B27 de abril de 2011, 2:41

    Hoxe a publicidade e a sociedade impoñen ás mulleres un prototipo de muller perfecta que moitas veces incita ás adolescentes ou ás mulleres adultas a sentirse mal coa súa imaxe... isto produce xeralmente nas adolescentes problemas coa alimentación (bulimia e anorexia) ou que a tempranas idades (a partir dos 16) queran comenzar a facerse operacións de estética... aumento de peito, liposupcións, botox... Realmente ,aínda que a sociedade pretende que sexamos libres, fannos prisioneiros dos nosos propios complexos aínda que estos, moitas veces, fannos perfectos...

    ResponderEliminar
  12. Gabriel Díaz Núñez 3º ESO B27 de abril de 2011, 2:55

    Hoxe en día, a imaxe da "muller perfecta" está demasiado presente, incluso nos medios de comunicación como revistas, televisión...,e isto fai sentir as mulleres mal, e intentar alcanzar esa perfección. Isto fai que sexan prisioneiras de moitos produtos de beleza... chegando incluso a operarse para conseguir un corpo que non é o seu, pero isto non debería de ser así porque cada quen tería que estar a gusto co seu corpo e sua imaxe.

    ResponderEliminar
  13. Existe unha presión mediática [revistas, televisión, publicidade,…] para forzar á muller a ter un corpo perfecto, ademais dunha presión por parte das clínicas de ciruxía estética que non dubidan en recomendar cambios que non son necesarios. Aínda que o entorno acose, cada quen debería estar a gusto co seu corpo sen importarlle o que pensen os demais.

    ResponderEliminar
  14. Ricardo 3º ESO A28 de abril de 2011, 3:28

    As peroas famosas dan unha imaxe de persoas perfectas, entón o resto da sociedade quere imitalas, por exemplo reproducindo rasgos físicos desas persoas a través da ciruxía estética (corpo de Jennifer López, labios de Angelina Jolie, abdomen de Brad Pitt...).Hai xente que pasa todo o día nun ximnasio para ter un físico espetacular e poder triunfar a nivel de traballo. Aínda que pareza mentira hai quen contrata aos seus empregados e empregadas fixandose na súa formación pero tamen no seu físico. A miña opinión é que, por exemplo, para traballar nun sitio de copas o importante é servilas ben e non ter uns requisitos físicos especiais. A sociedade debe valorar as persoas como tales e non polo seu físico.

    ResponderEliminar
  15. Alba Domínguez 3º ESO A4 de mayo de 2011, 3:29

    O papel que representa a muller na sociedade é mais dificil polos estereotipos sexistas que existen. O físico non debería condicionar o noso traballo ou as nosas parellas ,pero a beleza influe na vida laboral,ás mulleres se lles esixe que sexan guapas e os homes non importa. Hai moitos homes, feos e guapos, en postos de poder, e moi poucas mulleres.

    ResponderEliminar

SIAREIROS