DATOS PERSOAIS

Chapela, Pontevedra/Galicia
Este é un blog de medio ambiente, consumo e igualdade creado no curso 2010/11 no IES Chapela

miércoles, 19 de enero de 2011

Videos sobre medioambiente e consumo

Como comezo deste blog, ímos mostrárvos dous vídeos, un sobre a ampliación da Ponte de Rande realizado polo Ministerio de Fomento, e o outro sobre consumo titulado "Comprar, tirar, comprar" emitido por "La 2" de TVE. Aquí van:



1 comentario:

  1. Laura Fabiola Covelo Rojas 1º ESO A21 de febrero de 2011, 1:11

    A información que deu o Ministerio de Fomento é moi escasa para todo o que pretenden facer. Queren destruír algunhas casas no barrio e facer como se non pasase nada. Poucas persoas coñecen ben o tema sobre a ampliación da AP-9. Houbo manifestacións en contra da ampliación, pero parece que non serviron de nada. O Ministerio de Fomento xustifica a obra para buscar a comodidade das persoas, pero non pensaron no medio ambiente porque aumentado o tráfico o que conseguirán é que o medio ambiente -coa polución e co ruído- se contamine máis do que está. Só unha pequena parte da poboación de Chapela e Cangas está de acordo coa ampliación e máis da metade rexeita o proxecto, iso significará algo, de entrada é un plan impopular porque terían que derrubar varias casas e Chapela veríase bastante afectada, destrozando aínda máis o seu entorno se cabe. O Ministerio di que as obras non causarán problemas de tráfico, pero eu creo que iso é mentira. Tamén penso que o feito de trasladar o material de construción pola ría afectará a produtividade da mesma porque se ensuciará, haberá mais ruído e os peixes tratarán de buscar emprazamentos máis tranquilos. En vez de gastar en ampliación de carrís, un gasto bastante cuestionable se temos en conta os tempos de crise e as dificultades de moitas familias para chegar a fin de mes pola la falta de traballo e recursos, deberíamos pensar máis en concienciación: empregar menos o coche, consumir menos combustible e coidar máis a atmosfera.Concluíndo, o vídeo de Fomento mostra a parte boa da ampliación da Ponte de Rande, pero non fala nada das cousas negativas como poden ser: a destrución de vivendas, o impacto medioambiental, o gasto excesivo, a destrución dos barrios, o aumento de tráfico e o aumento de contaminación.

    ResponderEliminar

SIAREIROS